Voces de esperanzaA economía despois do virus

A economía despois do virus

O problema máis importante xenerado polo coronavirus, ten que ver coa crise sanitaria. Pero cando se proceda a ir rematando o confinamento domiciliario, outra das frentes abertas a resolver será a da crise económica. O profesor Miguel Anxo Bastos Boubeta, profesor nas Facultades de Ciencias Políticas e na de Xornalismo da USC, explicará a súa visión da encrucillada financieira á que nos diriximos.

VEMOS PROBLEMAS DE ABASTECEMENTO DE PRODUCTOS SANITARIOS NECESARIOS

Seguramente se producen por un sistema de plantexamento central. Un sistema central que compra e que é o que reparte despois os bens. Estes sistemas non teñen toda a información que teñen os sistemas descentralizados. Se falla unha parte falla todo, ao non haber redundancia. Por exemplo: a distribución de alimentos. Non hai un ente central que reparta, senón moitas cadeas. As das distintas redes comerciais. Se unha falla seguen as outras intactas.cada unha ten as chaves de onde conseguir os bens e os servicios que prestan, por tanto. Sempre están buscando, innovando. E teñen previsións ou saben como repartir os bens. Un ente centralizado, primeiro non ten capacidade de xestión porque leva 17 anos sen xestionar nada, entón, non ten a información adecuada sobre os proveedores, con cales pode contar, como hai que transportalos, cales son as formas concretas de compralos, cousa que as autonomías sí que tiñan. Por iso penso que iso é un erro grave. E depois, claro, hai un mercado tensionado: a capacidade de producción dese tipo de bens é a que hai, a corto prazo, mentres non se reconvirte a industria. Se tes de repente unha capacidade productiva de mascarillas a nivel mundial (decenas de millón ao día, por exemplo) e vai todo o mundo a comprar, non solamente España, é normal que os precios suban, e que se tensionen as cousas, Ademais cométese outro erro: a idea de poder confiscar. Se ti confiscas a producción, déixase de producir como consecuencia.

 

Que axudaría ao abastecemento de material sanitario?

Erros que se cometen: a especulación. “que non especulen coas mascarillas”. É ao revés, hai que deixalas especular; se outras empresas se poñen a facer mascarillas, soluciónase o problema rápidamente. Pero se che empezan a confiscar: primeiro, desde fora, non te queren vender porque non saben se che van a pagar. E despois a producción local deixa de producir. Son erros que se cometen sempre, porque os governos, sexan cal sexan, teñen a tentación de dicir “hai que facelo así”, “é así como se solucionan as cousas”. Pero así se desabastecen os mercados con tanto intervencionismo.

 

Como será o escenario económico posterior ao confinamento?

Esto é unha incógnita. Porque é unha crise de novo tipo, no senso de que as crises antigas eran crises de “demanda”, é dicir: a xente non tiña cartos para comprar. Agora ten diñeiro para comprar pero non ten cousas que comprar. Non é unha guerra, porque nas guerras se destrúen as fábricas, as infraestructuras, e hai unha destrucción física de bens. Aquí, non. Aquí está todo intacto. Pero está parado. Por iso non se sabe moi ben que vai pasar. Canto máis dure, máis grave vai ser o dano. Pódese gangrenar. Pódese romper a cadea de producción, a cadea de suministros, a caducidade dos productos en stock, se non teñen saída. O coste vaino a haber. De momento imos tirando dos stocks que hai, pero veremos se chegan despois os suministros ás tendas, negocios enteiros van quedar sen ingresos (ex: hostelería, turismo) o ano é perdido.
É unha crise de novo tipo. Non se sabe exactamente como vai pasar.

 

Que solucións económicas se poderían poñer en xogo?

Vai dar un cheque de 1100 euros a cada americano. Supoño que Haberá liñas de liquidez e de préstamos. E de refinanciación, sobre todo dos sectores máis… por exemplo un bar: supoño que lle darán algún tipo de crédito para que siga subsistindo. Axuda moito tamén a flexibilización laboral dos ERTES, porque implica que non hai que despedir a longo prazo, senón só mentres dure a crise. Para que non se perda todo o emprego despois, están habilitando liñas de liquidez, supoño, ; non sei se con avais, con préstamos, con retirada de impostos (as cuotas de autónomos, por exemplo), están debatindo. Cada país está dando solucións distintas.

 

A importancia das institucións solidarias distintas ao Estado

A axuda social, aos afectados, aos pobres, veu pola familia, ben por institucións relixiosas. Un vai por unha cidade vella coma Santiago e atopa un montón de edificios, de orixe relixiosa, hospitais, orfas… que son institucións que, cos medios que había antes, intentaban atender aos pobres, e as comunidades, que tiñan a súa función: os veciños, que tiñan unha función de asistencia, as comunidades están desaparecendo. Había institucións de mercado: as mutuas, igualatorios, todo tipo de sistemas de seguros, agora o estado intenta desprazar este tipo de funcións sociais das que había antes, . Por exemplo: se o estado falla, e non tes este outro tipo de alternativas, pois quedas como indefenso, . É bo que existan varias formas de atención aos pobres, ós que sufren, . é bo recordar que a familia non é só un sitio onde varios viven xuntos, ten unha función de mutualización de riscos, de axuda mutua, a familia, os veciños, as comunidades, as igrexas, e é bo que se recupere, que non é só un sitio para ir a rezar, senon que tiña unha función social deste estilo. Para que non colapse unha soa que teñamos porque quedaríamos sen ningunha.

 

Que lección podemos sacar de todo isto?

Arrogancia: pensábamos que non nos ía pasar nada, que estábamos absolutamente seguros: pois non o estábamos. A vida segue sendo incerta e hai que estar preparado para todo. A xente moitas veces non está preparada para que lle poida pasar algo. Por desgraza pódenos pasar en calquera moemento. E sin contar con eso. É bo ser conscientes deso e non ser arrogantes. Saber qu e en calquera momento podemos morrer, ou faltar. Esto é coma un grande recordatorio.

Lo más visto

Condecoración a cuatro sacerdotes en la celebración del Pilar

Los sacerdotes Antonio Vila Brion, párroco de Baroña y Xuño, Ramón Jorge Mosquera (Porto do Son e unidas), Jesús López Míguez (Outes) y José...

«Polo Camiño da fe»: 75 anos da Irmandade Obreira de Acción Católica

A Irmandade Obreira de Acción Católica cumpre 75 anos de existencia. Os militantes de toda Galicia runíronse na Raíña para compartir una xornada de...

Más Entradas