Na xornada de hoxe, dentro da programación da Formación Pastoral para Sacerdotes, realizouse unha visita á Raiña, á “Asociación Raíña Paraíso” e á Empresa de Inserción Laboral “Primicias Raíña”, presididas polo noso Delegado do Clero, Rvdo. Sr. D. Víctor Blanco Naveira. El mismo, ó comenzo deste encontro, explicaba como toda a carga simbólica das “instalacions” remite a Santísima Trinidade: os tres pilares da galería, o grabado da porta principal e os esculpidos na base das fontes… Todo o conxunto conforma una verdadeira catequese ó modo que o facían os 14 nosos antigos. E precisamente nesta clave Trinitaria, fundamentouse o día de hoxe, un encontro de donación e de verdadeira comuñón, onde os participantes gozaron dun encontro fraterno, alegría e como non, rematando cun delicioso xantar no que o menú estaba elaborado exclusivamente con productos ecolóxicos cultivados na mesma Asociación.
Outra das claves que podería resumir a xornada e o mundo dos soños; D. Víctor compartíu a propia experiencia que o levou ata tal emprendimento, o soño dun xoven seminarista que tardou 18 anos en facerse realidade, invitándonos a non ter medo a soñar, e menos a perseguir tales soños cando traten de ser o reflexo da Misericordia dun Deus que abraza a fraxilidade humana. Este maravilloso proxecto de reintegración social que combina oración e traballo agrario, vida espiritual e horta ecolóxica, non persigue outra cousa que esa frase do Papa Francisco, “Deus non fai cousas novas, senon novas todas as cousas”.
Moitas grazas D. Víctor pola túa valentía e a túa entrega. Animamos a tod@s a que se acheguen a coñecer esta realidade que mana dunha xenerosa Providencia atenta ás necesidades dos máis vulnerables da nosa sociedade.
Quique Alonso, diácono.