A IOAC-HOAC reivindica que se “sitúe á persoa no centro da vida política, das relación laboráis e do traballo”

A Irmandade Obrera de Acción Católica (IOAC-HOAC) lembrou este 10 de Marzo que “a política económica debe estar ao servizo do traballo digno. É imprescindible a colaboración de todos, especialmente de empresarios, sindicatos e políticos, para xerar ese emprego digno e estable, e contribuír con el ao desenvolvemento das persoas e da sociedade. E unha destacada forma de caridade e xustiza social”, segundo se recolle no documento da Conferencia Episcopal Española, Igrexa, servidora dos pobres.

Nun comunicado feito público co gallo das conmemoracións en torno do 10 de Marzo, a IOAC-HOAC de Santiago de Compostela reivindica que “se sitúe á persoa no centro da vida polÍtica, das relacións laborais e do traballo, a fin de abordar a indecente precariedade que descarta a millóns de persoas ao acceso “a un traballo decente e non de calquera modo”, en palabras do papa Francisco, e de facilitar o diálogo social entre os gobernos e as organizacions de traballadores e traballadoras, empresariado e axentes sociais”.

Tamén reclamou “que se faga efectivo por parte dos poderes publicos o dereito a un traballo digno para todas as persoas, xa que o traballo é expresion da propia dignidade” e que se “recoñeza social e xurídicamente o traballo de coidados”.