- LECTURA pública e continuada da BIBLIA, un libro de plena actualidade e decisivo para a Humanidade
Queremos, con esta xornada, poñer en valor a Palabra de Deus na vida cotiá, como lámpada que ilumina os pasos das nosas vidas e das vidas das nosas familias.
Durante toda a xornada, que dará comezo ás 11:00, realizaranse actividades lúdicas para nenos; lerase a Biblia en diferentes idiomas; poderase visitar unha exposición de Biblias; virán convidados famosos; e haberá algunha sorpresas máis… A clausura prevese ás 20:00.
Quen pode, entón, vir ler a Biblia o 28 de setembro?
A Biblia non só poden lela os crentes, senón todo aquel que busca sempre algo máis. Todo aquel que sentíndose insatisfeito anhela atopar as verdades que lle permitan vivir feliz e en harmonía con toda a creación na que vive.
Poden vir familias enteiras. Poden vir curiosos, sós ou en compañía. Poden vir crentes que coñecen a Biblia. Cristiáns de todas as confesións. Ateos. Buscadores de algo máis… Todo aquel que considera a Biblia algo importante; ou todo o que, sen coñecer aínda se ler a Biblia merece a pena… queira atreverse a descubrir uns textos que poñen voz a Deus.
É necesario inscribirse desde a nosa páxina web e seleccionar en que franxa horaria quere un facer a lectura. Recibirá un email coa información necesaria para ese día. Todas as novidades deste evento iranse publicando en www.comunidadecana.org.
Fuente: www.comunidadecana.org