A Parroquia de Campo Lameiro participará na Vixilia de Oración da Clausura do Ano Santo

Con motivo de Clausura do Ano Santo 21-22, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Julián Barrio, convoca a unha Vixilia Oración para que todos os que fieis cristiáns da Igrexa en Santiago de Compostela agradezan os dons recibidos, que neste “Ano Santo contribuiron á edificación espiritual de moitas persoas animadas a vivir o seu compromiso cristián nas comunidades parroquiais e diocesanas, calzadas coas sandalias da esperanza”.

Neste sentido, un cento de fregueses, co seu párroco Fermín Santiago Iglesias ao fronte, da Parroquia de Campo Lameiro van participar nesta Vixilia, que terá lugar este venres pola tarde.

Iníciase cunha peregrinación desde a Alameda compostelá ás 16,30 h, para encamiñarse cara á Catedral pola Rúa do Vilar e entrar pola Porta Santa. A continuación, sobre as 17 h, terá lugar unha Vixilia de Oración  presidida polo arcebispo mons. Julián Barrio.

Testemuña sobre a actividade pastoral da Parroquia de Campo Lameiro: