A Raíña recibe o Seminario Menor

Dentro dun programa de convivencias proposto para alumnos e alumnas do noso Seminario Menor da Asunción, o curso de 3º da ESO pasou un día completo na Raíña.  Durante a mañá, despois de explicarlles o proxecto da escola ecolóxica e facerlles unha visita polas instalacións, algúns integrantes do grupo traballaron de maneira voluntaria desherbando parte dunha plantación de cebolas, mentres os demais preparaban un delicioso xantar de espaguetes con albóndegas. Hai que engadir que nesta mesma asociación, un día por semana reúnense as persoas maiores da contorna. Deste xeito, coincidindo con esa xornada os rapaces e rapazas tamén tiveron a oportunidade de compartir un tempo moi agradable e enriquecedor para tod@s.

Pola tarde, tras unha ruta de sendeirismo polo “batán” achegáronse ata a casa de oración consagrada recentemente polo noso Sr. Arcebispo, para despois cear, pechar o día cun bonito e íntimo ratiño de oración.