Acto de graduación Seminario Menor

Aínda falta un mes para o remate do curso escolar, pero os alumnos de 2º BACH teñen o seu propio calendario. Nunhas semanas terán lugar as probas ABAU, a antiga Selectividade, e xa tocou examinarse e recibir as notas desta etapa.

A semana pasada tivemos a despedida oficial xunto á comunidade escolar. Alumnos e profesores aproveitamos a ocasión para recordar o que foron estes anos, nun acto no que as familias tan so se puideron facer presentes de modo virtual.

Aínda nos seguiremos vendo as caras, posto que a gran maioría seguirán acudindo ao centro para preparar as probas de acceso á universidade ou os exames extraordinarios de xullo.

Aquí quedan algunhas das imaxes e dos discursos deste día. Soamente temos que premer sobre as entradas. Desfrutémolos unha vez máis!!