Campamento de Nadal en Santa María la Mayor

Entre este luns e o xoves 5 de xaneiro, o o Centro Social Parroquial de Santa María, en Pontevedra, desenvolverá un campamento de Nadal para os rapaces da catequese de entre 6 e 12 anos.

Deste xeito, a través da colaboración coa empresa Master Time, especializada en actividades vinculadas coa simulación de viaxes no tempo, os participantes terán ocasión de coñecer figuras históricas que influíron no Nadal tal e como se coñece na actualidade.

Así, asistirán á creación do primeiro Belén, mais tamén estarán presentes na elaboración do primeiro polvorón ou coñecerán a orixe da árbore de Nadal ou das panxoliñas.

 

Fonte: La Voz de Galicia