O pasado luns, coincidindo coa festividade de Santa María, Nai da Igrexa, os grupos de catequese de adultos, formación pastoral, voluntariade de Cáritas, catequese, que se veñen xuntando na parroquia de Santa Mariña Dozo de Cambados, reuníronse no emblemático Mosteiro de Armenteira para celebrar o final do curso pastoral. Nestes grupos participan persoas de diferentes parroquias da zona: Vilariño, Corbillón, Oubiña, Caleiro, Tremoedo, Vilanova e Cambados.
O acto central da xornada foi unha emotiva Eucaristía, na que os membros das distintas pastorais, catequistas, voluntarios e fieis compartiron un espazo de oración, convivencia e acción de grazas por todo o vivido e traballado en comunidade ao longo destes meses.
«Foi un broche de ouro perfecto para un ano cheo de compromiso, fe e comunidade, postos aos pés da Virxe nunha contorna tan propicia ao recollemento como Armenteira.»
A celebración deu pé para desfrutar dun tempo de encontro fraterno, reforzando os lazos que unen ás comunidades antes da habitual intensidade das celebracións nas parroquias e o habitual paréntese do verán.
Grazas a todos os que formastes parte deste día e a cantos facedes posible a vida das parroquias día a día!







