Oito colexios de Santiago (Nosa Señora dos Remedios, Colexio San Jorge, Compañía de María, Divino Maestro, La Salle, San José de Cluny, Colexio La Inmaculada, Colexio Juventud), coordinados con Escolas Católicas, xuntáronse hoxe no colexio La Salle, para celebrar unha convivencia lúdica e solidaria, motivando aos nenos, dende ben pequenos, a converterse en misioneiros de esperanza entre os pobos.
A xornada comezou coa chegada e encontro dos grupos, para compartir un momento de xogo colaborativo. A continuación, un momento máis reflexivo, no que houbo tempo para racoitar a Palabra de Deus, proclamaron o manifesto conxunto, e a Delegada Episcopal para as Misións, compartiu unhas breves palabras para mestres e alumnado, invitando a todos a encher as mochilas de esperanza e amor: a cada persoa, á Creación e a Deus.
Dende o equipo da Delegación, agradecemos a organización, participación e compromiso de todos.
#DOMUND2025
#ColegiosEnMisión







