O pasado venres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, celebrouse un concerto solidario, organizado pola parroquia de Santa María Salomé. O motivo desta convocatoria atopámolo no Perú, no proxecto Desafío Wawa Wasi, que durante tantos anos se apoia dende a nosa diocese de Santiago de Compostela.
Grazas ao compromiso das persoas organizadoras e de todos aqueles que colaboran de xeito tan xeneroso, a vida de moitos nenos e nenas da gardería El Pedrito, nas periferias de Lima, ten un horizonte de dignidade.
No concerto participaron a Escolanía da Catedral e o Coro Cardenal Quiroga, ámbolos dous dirixidos por Sofía Rodríguez Fernández. iInterpretando un repertorio moi xeneroso, cunha calidade indiscutible.






