Conferencia sobre María Antonia de Xesús, A Monxiña do Penedo

O Balneario de Cuntis acolleu na tarde do martes 30 de novembro unha conferencia sobre María Antonia de Xesús fundadora do Convento do Carme de Santiago de Compostela e popularmente coñecida como A Monxiña do Penedo en lembranza do fermoso rincón de Cuntis no que naceu no ano 1700. Xa en vida María Antonia deu mostras dunha bondade sen límites e a súa fama de Santidade acompañouna sempre tanto na vida como despois de morta. No mes de novembro de 2018 o Papa Francisco nomeouna Venerable. A charla é a primeira que se imparte despois da pandemia.

Antonio Pena