Confirmacións en Bergondo

As parroquias da Unidade Pastoral de Bergondo celebraron a súa Vixilia de Pentecoste na Igrexa do Mosteiro local. Este ano, a cerimonia serviu de colofón á Asamblea Parroquial que tivo lugar xusto antes. A seguinte cita conxunta está prevista para o vindeiro domingo16 no mesmo lugar e contará coa presenza do Bispo Auxiliar, Mons. Jesús Fernández, que acompañará o desenvolvemento de unha nova sesión avaliativa do curso pastoral e presidirá a Eucaristía na que 26 mozos e mozas da contorna recibirán o sacramento da Confirmación. Esta Unidade Pastoral está conformada por parroquias de Betanzos e Bergondo.