Confirmacións en San Martiño de Canduas

Un grupo duns 18 mozos e mozas recibiron o sacramento da confirmación en San Martiño de Canduas, A Cabana de Bergantiños, arciprestado de Soneira e Nemancos, na tarde deste pasado domingo 14. Nunha celebración moi coidada, presidida polo Vigairo territorial de Santiago, Juan González – Redondo, e acompañados por D. Liller Alexander Carrillo, quen exerce o seu ministerio nestas parroquias desde hai cinco anos. A maioría dos jóvenes procedían de Canduas, pero tamén había varios de San Xoán de Borneiro e doutras parroquias.