O vindeiro dia 12 de maio as 18:00 terá lugar a Coroación Canónica da Virxe dos Remedios de Castro Caldelas, no marco dunha solemne celebración presidida polo bispo da diocese de Ourense, D. Leonardo Lemos Montanet.

Dita Coroación ten como padriños, o arcebispo de Santiago de Compostela, D. Francisco Prieto, nativo destas terras e a Corporación Municipal do Concello de Castro Caldelas, presidida pola Alcaldesa, Dona Sara Ines Vega.

A celebración será acompañada polo exército, concretamente a Brilat. A coroa esta feita en plata sobredourada en base a un diseño do afamado pintor malagueño Francisco Naranjo e ewalizada polos talleres de orfebreria Montenegro. Dende a parroquia convidan a todos a participar nun acto de profundo amor a nosa Nai, remedio de tantas necesidades e consolo de tantas bagoas.