- A titulación está homologada pola Xunta de Galicia e as prazas son limitadas
- As actividades comenzarán o 20 de xaneiro e durase ate o 21 de abril
A Escola de Tempo Libre de Cáritas Interparroquial de Santiago abre o prazo de inscrición para o Curso de Monitor de Tempo Libre que está homologado pola Xunta de Galicia. O curso disporá de 200 horas teóricas entre decembro e xaneiro, e 150 horas prácticas. O comenzó das actividades docentes será o sábado 20 de xaneiro 2024 e desenvolverá a súa fase teórica ata o domingo 21 de abril. As actividades realizasen os fins de semana en horarios de 9 a 14 e de16 a 21 horas.
Será imprescindible superar ambas fases do curso- teórica e práctica- para a obtención do título.
O prazo de inscrición finaliza o 2 de xaneiro de 2024 e se pode realizar remitindo por mail toda a documentación escaneada, ou presencialmente -de luns a venres de 9h a 14h -na sede de Cáritas Interparroquial Santiago (Rúa Hospitaliño, 2 bis). Para poder facer a inscripción e necesario ser maior de 18 anos, ter a ESO. O prezo da inscripción está fixado en 215 euro. As prazas son limitadas, e cubriranse por orde de inscrición, e teranse en conta criterios de prioridade por razóns de ser voluntario da entidade, estar en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social.
Programa
O programa educativo contempla as seguintes disciplinas: Perfil do monitor;Expresión musical;Medios audiovisuais Programación Animación deportiva; Lexislación; Primeiros auxilios; Expresión plástica ;Expresión dramática: corporal e oral ; Liderazgo; Sexualidade e afectividade ;Prevención de drogodependencias; Atención á diversidade no tempo libre; O xogo; Tipoloxía de xogo; LOPD e redes sociais en tempo libre ; Psicoloxía evolutiva; Veladas de campamento ;Expresión literaria; Técnicas de resolución de conflitos; Asociacionismo; Educación medioambiental, técnicas de campismo e orientación Educación en valores: interculturalidade; Educación en igualdade no tempo libre e Educación na saúde.