O vindeiro venres, 13 de marzo, as 19:00 horas terá lugar un evento en conmemoración do día da muller na Igrexa, que se celebrará no salón de actos do ITC (Instituto Teolóxico Compostelán) en Santiago de Compostela.
Esta iniciativa, organizada pola iniciativa “Igrexa polo traballo decente”, pretende dar visibilidade á figura da muller no ámbito relixioso.
O acto comezará cunha charla impartida por Carmen Soto, teóloga, titulada “A muller na Igrexa dende o documento final do Sínodo”.
Posteriormente, farase un recoñecemento a diferentes mulleres da diocese, neste caso a:
• María del Carmen García Torrado (Ribeira).
• Milagros Martínez Ríos (A Coruña).
• Pilar Wirtz Molezún (Santiago de Compostela).
Pechará o acto unha intervención do arcebispo de Santiago de Compostela, Don Francisco Prieto.






