O sábado foi un día completo
Primeiro, de mañá, os equipos que levan a organización da Luz da Paz de Belén, formados por membros da Federación, de Scouts Santiago – ADE de Santiago e da Asociación de Antigos Scouts de Galicia, reuníronse para traballar e por en común os distintos aspectos do evento.
Pola tarde recibiron ao Consello de Scouts MSC , onde se trataron temas coma a situación de Scouts de Galicia, pero máis importante, os aspectos nos que traballar conxuntamente na realización da Luz da Paz.
Finalmente, no remate da tarde, brindounos coa súa visita o Arcebispo de Santiago de Compostela, Don Julián Barrio Barrio, compartindo momentos de reflexión e aprendizaxe. Ademais de oficiar unha eucaristía para poñer punto e final a unha xornada de traballo e novas experiencias que nos axudarán a seguir medrando xuntos.
Fonte: https://www.facebook.com/535565876887797/posts/1248534808924230/?sfnsn=scwspmo