Don Santiago Miramontes Vidal, in memoriam

Onte día 16 foi soterrado no cemiterio desta pequena parroquia de Tapia, concello de Ames o seu ilustre fillo Don Santiago Miramontes Vidal.

A pesar de que a súa grande labor pastoral foi desenvolvida nas parroquias de Cuntis e Santalla de Moar, durante moitos anos foi párroco de Santa Cruz de Montaos e arcipreste desta zona. Tamén foi profesor do instituto de Ordes e do Colexio Peleteiro de Santiago, nunca deixou de ser un veciño exemplar de San Cristobo de Tapia, onde conservou toda a súa vida amizades de familiares e veciños.

Os actos de onte estiveron presididos polo Arcebispo de Santiago Monseñor Barrio, que estivo acompañado de 23 párrocos da comarca.

Participou o coro parroquial de Tapia.

Ata sempre Santiago! Os veciños de Tapia non te esqueceremos nunca.

Maximino Viaño