Preto de un centenar de antigos alumnos do Seminario Menor congregáronse no colexio de Belvís para poñer fin a unha Semana Cultural de San Rosendo cargada de actividades.
Tratouse dun sinxelo encontro para volver a verse as caras os que ao longo destes setenta anos pasaron polas súas aulas. Moitos deles foron no seu día alumnos internos, polo que disfrutaron ao volver a percorrer as habitacións, corredores, capelas, biblioteca e outras tantas salas deste magno edificio que acaba de ser incluído no catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia.
A celebración da Santa Misa, na que se tivo un especial recordo de aqueles que xa faleceron, dou paso a unha comida de confraternidade que se prolongou ata media tarde.
A Semana Cultural do Seminario Menor concluíu, pero aínda agardan outras actividades neste mes de marzo, coma a xornada de portas abertas do 19 de marzo que, no pasado ano, congregou a máis de cincocentos visitantes.