Encontro do arcebispo coa comunidad educativa de “Sonrisas y lágrimas”

Dende o pasado día un de setembro a parroquia de San Xulián da Illa de Arousa ven exercendo a titularidade do Centro Educativo “Sonrisas y lágrimas”. Dito Centro foi creado hai décadas polas Filla de Caridade de San Vicente de Paúl. Véndose elas obrigadas a pechar a comunidade por falta de relevo xeneracional, chegaron a un acordo co Arcebispado de Santiago para que o colexio seguira funcionando en mans da Diocese.

O pasado 17 de outubro o Arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto,  inaugurou esta nova etapa que o colexio comeza. Ás cinco da tarde celebrouse a Eucaristía na Igrexa de San Xulián, uníndose á Xornada pola Paz en Terra Santa convocada polo patriarca latino de Jerusalén, cardenal Pierbattista Pizzaballa. Xuntáronse alí a comunidade educativa (mestras, persoal de administración e servizos, alumnos e familias) e moitos membros da parroquia. A temática escolar dos alumnos é, para este ano, o descubrimento do personaxe “O Principiño” de Antoine de Sant Exupéry. Este personaxe axúdanos a lembrar que se non somos coma nenos non poderemos desfrutar do Reino de Deus. Agradecer o pasado, coidar o presente e proxectarnos con ilusión cara o futuro foi o encargo que D. Francisco lle deixou á comunidade escolar.

Finalizada a Eucaristía celebrouse no salón de actos do centro un recital da Banda de música da Escola Naval Militar de Marín que marabillou aos presentes. Con xogos para os máis pequenos e un sinxelo ágape deuse por concluida esta xornada tan especial para a parroquia arousá que traballa con empeño polos máis pequenos.