Encontro xuvenil | Confirmación

Os grupos da Pascua Xoven das parroquias de San Vicente de Oubiña, San Fins de Solobeira, Santo Estevo de Tremoedo e Santa Mariña Dozo de Cambados, organizan unha xuntanza-convivencia para os mozos e mozas que se están a preparar para recibir o sacramento da Confirmación.

Quere ser un encontro no que, dentro do contexto coresmal, se procure o coñecemento persoal, o coñecemento dos irmáns e o encontro con Xesús, que sempre busca atoparse con cada persoa.

O día está estará repartido en diferentes momentos:
11:00 Acollida
11:30 Mira dentro de ti
12:00 Mira ao teu carón
14:00 Xantar (levamos algo para compartir)
15:30 Mira algo máis
16:30 Descanso
17:00 Celebramos a VIDA (Eucaristía)

Quedan invitados todos os grupos de Confirmación das parroquias veciñas.
Para anotarse ou solicitar +info:
– Parroquia de Cambados 986542600
–  WhatsApp 691943950
– WhatsApp 690812622
– Instagram @golfinhos_px

¡A data límite para anotarse é o 28 de marzo!