No Manifesto que con motivo deste 1º de Maio excepcional fai público Igrexa polo Traballo Decente (ITD), as entidades de inspiración cristiá que impulsan en España esta iniciativa (Cáritas, Conferencia Española de Religiosos, CONFER, Hermandad Obrera de Acción Católica, HOAC, Justicia y Paz, Juventud Estudiante Católica, JEC, e Juventud Obrera Cristiana, JOC), aseguran que “na actual emerxencia social causada polo coronavirus, “o emprego que en primeiro lugar se destruíu –denuncia ITD— é o máis débil, o que carece de redes de protección social”. Por iso, lanza unha chamada “para que se articulen e impulsen todas as medidas necesarias evitando que isto volva pasar e para construír unha rede de protección social para quen perdeu emprego, salario e dereitos, para que ninguén quede atrás”. O Manifesto finaliza cunha invitación “ás comunidades cristiás a unirnos, desde a distancia física obrigatoria, desde as nosas casas, na celebración e a oración”, e a “participar con creatividade naquelas accións que poidan facer visible a necesidade dun traballo decente acorde coa dignidade humana”.