ActualidadEntreculturas, Caminata Hospitalidad

Entreculturas, Caminata Hospitalidad

Os sector social da Compañía de Xesús en España pon en marcha este mes a campaña Hospitalidade.es, volvemos emprender camiños de solidariedade, acollida e inclusión este ano. #Ante a inxustiza, DEREITOS; #ante o rexeitamento, HOSPITALIDADE. En Galicia, o 20 de xuño sairemos a camiñar polos dereitos das persoas refuxiadas. ¿Sumas o teu camiño?

Animámosvos a:

Sumar o teu camiño e facelo co resto de persoas das obras da Compañía de Xesús en Galicia, desde o Monte do Gozo ata a catedral de Santiago, o vindeiro domingo ás 10:00 h.

Facer unha lectura do noso Pacto pola Hospitalidade e as nosas peticións políticas ao final do seu camiño, e sumarse a eles a través da nosa petición en Visibles.

Difundir a iniciativa a través das redes sociais co hashtag # SumoMiCamino.

E colaborar coa nosa rede de #Hospitalidade, para axudarnos a seguir ofrecendo acompañamento e acollida ás persoas refuxiadas e migrantes, tanto nos países de orixe como no seu tránsito e chegada a España, e a seguir incidindo e sensibilizando para lograr unhas políticas xustas.

 

Lo más visto

Condecoración a cuatro sacerdotes en la celebración del Pilar

Los sacerdotes Antonio Vila Brion, párroco de Baroña y Xuño, Ramón Jorge Mosquera (Porto do Son e unidas), Jesús López Míguez (Outes) y José...

«Polo Camiño da fe»: 75 anos da Irmandade Obreira de Acción Católica

A Irmandade Obreira de Acción Católica cumpre 75 anos de existencia. Os militantes de toda Galicia runíronse na Raíña para compartir una xornada de...

Más Entradas