Entrevista a mons. Prieto sobre a presentación da Memoria Económica e de Actividades da Igrexa en Galicia

  • Mons. Francisco Prieto invitou tamén marcar a dobre X na declaración da renda.

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, nunha entrevista no programa Bos días da TVG de hoxe luns 6 de maio, informou  sobre a Memoria Económica e de Actividades da Igrexa en Galicia.

Este dossier é froito do traballo conxunto das cinco dioceses galegas que, nun exercicio de transparencia, queren dar conta do labor que a Igrexa católica desenvolveu na comunidade autónoma, durante o ano 2022.

Ao mesmo tempo, o arcebispo quixo poñer en valor as persoas, o voluntariado, a oración, o apoio económico… de todas esas persoas que contribúen ao desenvolvemento do labor da Igrexa en Galicia.

O arcebispo invitou tamén marcar a dobre X na declaración da renda, xa que non vai disminuir a devolución, nin aumentar o que hai que pagar nos impostos. Mons. Prieto afirmou que é unha expresión de colaboración, de fidelidade e de lealdade… unha aportación que beneficia á sociedade galega.

https://www.agalega.gal/videos/141545-bos-dias-06-05-2024/[1:23:00 – 1:30:31]