Na celebración da Santa Misa que se retransmite os domingos ás 10h na TVG tivo lugar un simbólico envío eclesial de comenzo de curso para todas as persoas que se dedicarán á tarefa da Catequese.
Presidiu a cerimonia Mons. Francisco Prieto, bispo auxiliar de Santiago quen foi acompañado polo delegado de Catequese Miguel López Varela. Facíase así visible o interese do Papa Francisco por resaltar un traballo imprescindible para toda a Igrexa: o ministerio de catequistas.






