Escutismo Católico en Galicia: 45 aniversario da súa fundación

A Asociación Diocesana de Escutismo de Santiago de Compostela celebra o 45 aniversario da súa fundación, e polo tanto do Escutismo Católico en Galicia. Dita celebración terá lugar DM o próximo sábado 28 de abril, durante a celebración do San Xurxo.

Lugar: Centro Scout Abeiro, Parroquia de Santa María de Figueiras (Santiago de Compostela). Dirección: Rúa Agra da Igrexa, 157. C.P.:15897.

Segundo a seguinte orde do día:

  • 16:15h: Recepción e benvida.
  • 17:00h: Eucaristía   de   Campaña   presidida   polo   Excm.   Sr. Arcebispo de Santiago Monseñor Julián Barrio.
  • 18:00h: Bendición  do  Centro  Scout  e  descubrimento  da  placa conmemorativa do aniversario da ADE de Santiago, dos membros de honra da nosa asociación e de xeito especial unha homenaxe póstuma a Manuel Valentín Regueiro Muñoz.
  • 19:00h: Foto conmemorativa e peche.