Formación acreditada en Godly Play

Escolas Católicas de Galicia, en colaboración co Instituto Compostelán de Ciencias Relixiosas e a Asociación Godly Play, organizan esta actividade formativa centrada nunha metodoloxía que aplica os principios metodolóxicos Montessori á formación relixiosa da infancia, da adolescencia e incluso das persoas adultas. Ofrece un contexto e instrumentos de aprendizaxe dos contidos da relixión cristián baseados na Biblia (Historia Sagrada, Parábolas, accións litúrxicas, etc.). Trátase dunha aprendizaxe significativa que parte das experiencias persoais e de grupo dos participantes. Incorpora todas as intelixencias y desenvólvese desde un traballo cooperativo, que nalgúns casos poderá chegar a ser comunitario.

É un método aberto a desenvolverse en diferentes ámbitos: ensinanza relixiosa escolar, catequese, grupos de crecemento e profundización na fe.

Datas de celebración:

25 setembro / 30 outubro / 27 novembro /

Horario:

mañás de 9.00 a 14.00

comida de 14.00 a 15.30

tardes de 15.30 a 19.15

Lugar de celebración:  Sala Godly Play do Instituto Superior Compostelano de Ciencias Relixiosas

Praza da Inmaculada 5

15704 Santiago de Compostela

Custo: o custo desta formación é de  250€ Inclúe inscrición, documentación, cafés e comida.

 

INSCRICIÓNS: podedes inscribirvos neste enlace GODLY PLAY ou na páxina www.escolascatolicas.es

Prazo: 20 de setembro.