Exposición itinerante “Rostros e retos do mundo do traballo”

Do 7 ao 15 de novembro, o Claustro da Hospedería de San Martín Pinario de Santiago de Compostela acollerá a Exposición itinerante “Rostros e retos do mundo do traballo”, que será presentada o venres, 7 de novembro, ás 16:15 horas. A entrada é libre á presentación e á exposición.

Precisamente no marco da inauguración da exposición, ese mesmo venres 7 de novembro a Igrexa compostelá, a través do Departamento da pastoral do traballo, celebra o Xubileu das persoas traballadoras e migrantes. Así, ás 17:00 horas farase o visionado dun vídeo no Salón de Actos do Instituto Teolóxico Compostelán (no edificio colindante de San Martín Pinario) e posteriormente unha charla que impartirá D. Antonio Aranda, director do Departamento de Pastoral do Traballo da CEE sobre Retos da Pastoral do Traballo. Despois, ás 18:30 haberá unha Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, D. Francisco Prieto, na capela do Seminario, con entrada desde a Hospedería de San Martín Pinario.