ActualidadHistoria de Bastavales

Historia de Bastavales

As nosas freguesías son comunidades que teñen un venerable pasado. Gozos e esperanzas; erros e acertos houbo pero seguiron ata os nosos días. Agora, os novos tempos, traen duras crisis ás nosas parroquias.  Bastavales, por proximidade e historia, está moi vencellada a Compostela. Na cultura galega, Rosalía de Castro e Bastavales están moi unidas. Pero imos concretar o noso relatorio aportando datos sobre os máis sobresaíntes párrocos que a serviron.

No 1.661 é párroco D. Francisco Aguiar y Seijas, natural de Betanzos (moi homenaxeado aquí), cóengo penitenciario, arcebispo de Méjico. Iniciou a construcción do santuario da Virxe de Guadalupe. Foi aberto o proceso de beatificación.

  1. Juan Santos Vieira (1.701-1.720) edificou o santuario do Carme en Bastavales.
  2. Manuel de Llanos Flórez, natural de Ceinos (León), foi cóengo e rector de Sta. María de Sar. Promoveu a edificación da igrexa actual, rematada por 1.772, iniciada por Juan Antonio Nogueira, finalizada por Tomás del Río.
  3. Manuel Acuña y Malvar, sobriño do arcebispo, irmán de dous cóengos, como tamén el foi. Familia de gran poder civil e eclesiástico. Pero D. Manuel foi profundamente liberal, loitou contra a francesada en Vigo. Por iniciativa súa, o corazón do arcebispo Malvar foi levado para a parroquial de Salcedo, de donde é oriúnda a familia. Os nosos historiadores López Ferreiro, Portela Pazos e Barreiro Fernández estudian a personalidade deste Acuña Malvar.
  4. Francisco Vázquez Aguiar, natural de Lugo, foi párroco da Corticela, alí bautizou ó célebre gravador Jordano. A el débese a torre de Bastavales, foi sepultado na base da mesma. Tamén liberal, procesado, pero absolto. Intervén no peche da Inquisición en Santiago. Pérez Constanti dedícalle gran atención en “Notas Viejas Galicianas”.
  5. Antonio del Río Boullón, natural de Santiago. Ampliou o adro, coa axuda de emigrantes na Habana, fixo a artística fonte, pináculos do adro e da fachada da igrexa. Exerceu de 1.864 a 1.893.
  6. Constante Amor Neveiro. Só en Bastavales de 1.893 a 1.896. Tío e padriño de Misa de Amor Ruibal. Insigne penalista, párroco de Salomé, sepultado en Ames, a súa parroquia natal.
  7. Andrés Pío Tallón. Ecónomo. Recuperou para a parroquia bens que foron desamortizados. Exerceu de 1.901 a 1.905.

Nos anos 1.965 a 1.975, escríbese para o Arquivo Parroquial de Bastavales, a Historia, en once tomos.

No 1.971, Bastavales homenaxea ferventemente á súa cantora Rosalía de Castro.

É o traballo dun cura novo que, levado do seu amor a Bastavales escribiu esta obra en profunda admiración ós seus antecesores e fraternal afecto para os sucesores, buscando a mellor atención á freguesía. Recoñecendo as propias limitacións.

Agora xa se pode consultar no Arquivo Histórico Diocesán de Santiago, ao que pasa integrada no Arquivo Parroquial de Bastavales, alí custodiado.

Que por moitos anos.

Xosé Pumar Gándara

 

Artículo anteriorLuz para los gentiles
Artículo siguienteSan Sebastián, mártir

Lo más visto

Condecoración a cuatro sacerdotes en la celebración del Pilar

Los sacerdotes Antonio Vila Brion, párroco de Baroña y Xuño, Ramón Jorge Mosquera (Porto do Son e unidas), Jesús López Míguez (Outes) y José...

«Polo Camiño da fe»: 75 anos da Irmandade Obreira de Acción Católica

A Irmandade Obreira de Acción Católica cumpre 75 anos de existencia. Os militantes de toda Galicia runíronse na Raíña para compartir una xornada de...

Más Entradas