Historia e actualidade do movemento ecuménico: As divisións

Diferentes cuestións da doutrina (como a  doble natureza de Cristo, e outras), pero tamén as relacionadas con costumes e coa natureza mesma da Igrexa, e coas diferencias culturais, provocaron escisións en determinados momentos da Historia, que continúan ata hoxe.

  • A primeira delas tivo lugar no século V, debida á diferente forma de comprender a natureza divina de Cristo. De iso naceron as chamadas antigas igrexas orientais ou precalcedonianas, tamén chamadas monofisitas (porque non aceptaron as decisións do Concilio de Calcedonia). Hoxe hai un entendemento total con elas con respecto a ese tema e as relacións son moi cordiais.
  • No 1054 houbo unha nova escisión entre o Patriarcado de Constantinopla (Estambul) e a Igrexa de Roma, dando lugar á excomuñón mutua. Así, dende entón existe a Igrexa ortodoxa chamada bizantina, que é a mais numerosa. O encontro entre o patriarca Atenágoras e o papa Paulo VI posibilitou o levantamento da devandita excomuñón.
  • A división máis recente foi fai cincocentos anos, cando Lutero publicou as famosas 95 teses contra a práctica das indulxencias por parte da Igrexa. A súa idea non era crear unha nova igrexa; quería unha igrexa máis pegada ao Evanxeo da graza e da misericordia. Por iso, o centro do debate era a chamada doutrina da xustificación pola fe: se solo basta a fe, a Igrexa e os sacramentos non parecían servir de moito. Lutero insistía en que estes debían estar ao servizo do Evanxeo, pero non quería que deixasen de existir. Por iso, dende o 1999 hai unha declaración conxunta entre a Federación Luterana Mundial e a Igrexa Católica na que se di que a intención foi e é sempre a mesma por ambas partes: Deus ten a iniciativa de salvarnos e nos, o que temos que facer, é aceptala libremente como un don. Loxicamente, tamén deberemos actuar en consecuencia.
  • Por outra banda, dentro do protestantismo, a partir dos movementos reformistas do século XVI (Lutero, Calvino, Zwinglio…), xurdirán novos grupos cristiáns (Luteranos, Reformados, Igrexas libres…) xunto co Anglicanismo.
  • Debido ao concepto de Igrexa como realidade máis ben invisible, eses grupos vai a ir subdividíndose á súa vota, dando lugar á creación de grandes comunidades como bautistas, metodistas, menonitas e moitas das ramas actuais dos pentecostáis…

 Benito Méndez

Profesor do ITC