Historia e actualidade do movemento ecuménico: Introdución: ¿De qué se trata?

Dinos o Vaticano II no seu decreto de Ecumenismo que a reconstrución da unidade entre os cristiás é un dos propósitos do Concilio. Por iso, considera que as iniciativas levadas a cabo en este senso, e ata aquel momento, por parte dos cristiás non católicos é froito da graza do Espírito Santo (Unitatis redintegratio 1).

Esas iniciativa abarcan dende os comezos do século XX ata o de agora, pero iso non quere dicir que non houbera intentos no pasado. A diferenza é que nestes tempos constitúe unha realidade constante para as principais confesións cristiás, na conciencia de que a separación é xa insoportable, e necesita remedio urxente, para volver á comuñón plena: todos formamos unha soa familia, a Igrexa de Cristo. Vivimos na mesma casa, aínda que en habitacións separadas.

¿En que consiste, pois, o movemento ecuménico? É un movemento (iniciativas, accións, persoas…) que promove a unidade entre os cristiás a través de oracións (A Semana de Oración e outras iniciativas parecidas), encontros (moitos deles directamente con Papa, como a recente da Igrexa Luterana de Finlandia) diálogos teolóxicos (documentos de converxencia e de acordo), obras comúns de caridade, e outras.

¿Cal é a idea de fondo? Creemos na Igrexa, que é unha e sempre o será. O que sucede é que os que pertencemos a ela, por diversas circunstancias históricas, non nos entendemos e viñeron as separacións e loitas de uns contra outros. Agora, mesmo que a separación, continúa e seguimos a vivir en habitacións diferentes, xa nos saudamos cando nos encontramos, e, a parte diso, dende o Concilio xa nos temos que chamar irmáns reconciliados. Así tentamos de cumprir o desexo de Xesús: “Pai, que todos sexan un” (Xn 17,21)

Benito Méndez

Profesor do ITC