Homenaxe a D. Jesús Mallo Brenlla

A parroquia de San Xurxo de Vea, no Concello de A Estrada, arciprestado de Vea e Tabeirós, homenaxeou ó seu párroco, D. Jesús Mallo Brenlla, con ocasión dos seus vintecinco anos á fronte da parroquia. O certo é que D. Jesús Mallo leva máis de medio século nas terras de Vea, pois ademáis pastorea San Xulián, Baloira e Frades, co santuario de Requián.

D. Jesús caracterizouse sempre polo seu traballo pastoral intenso, pero ademáis pola súa dimensión social, implicándose en moitas iniciativas veciñais en servizo do ben común. A esta faceta uniu o seu estudo e traballo docente como historiador.

A homenaxe consistiu na celebración da Eucaristía no pavillón do colexio de San Xurxo, e a continuación o xantar fraterno. Preto de douscentos fregueses quixeron acompañar ó seu cura, xunto ós seus compañeiros de Vea, o arcipreste D. José Antonio Ortigueira, D. Martín Kouman e D. Ramón Campos, así como o Alcalde de A Estrada D. Gonzalo Louzao.

Presidiu a celebración da Misa, cantada polo coro parroquial, o Vigairo territorial de Santiago D. Juan González-Redondo.