ActualidadHora Santa

Hora Santa

Onte, Xoves Santo, un bo número de parroquias mantivo a Celebración da Cea do Señor. Día do Amor Fraterno, da institución da Eucaristía e do Sacerdocio, celebrouse este ano coa austeridade propia das medidas sanitarias adoptadas polo coronavirus.

Unha vez Xesús Sacramentado ocupou o lugar da reserva no sagrario, ao término da celebración, moitos sacerdotes convidaron aos seus fieis a unirse en oración desde o fogar, emulando o acompañamento do Señor na Horta das Oliveiras. Por exemplo, Fermín Santiago, párroco de Campolameiro e Unidas, prendeu uns velóns diante do tabernáculo para acompañar a Xesús mentres rezaba por todos os enfermos e defuntos das familias locais e pola fin da presente pandemia.

Lo más visto

Condecoración a cuatro sacerdotes en la celebración del Pilar

Los sacerdotes Antonio Vila Brion, párroco de Baroña y Xuño, Ramón Jorge Mosquera (Porto do Son e unidas), Jesús López Míguez (Outes) y José...

«Polo Camiño da fe»: 75 anos da Irmandade Obreira de Acción Católica

A Irmandade Obreira de Acción Católica cumpre 75 anos de existencia. Os militantes de toda Galicia runíronse na Raíña para compartir una xornada de...

Más Entradas