A escola de voluntariado enmárcase dentro do proxecto do promoción do voluntariado, financiado pola Deputación da Coruña.
A escola de voluntariado desenvolverase como un campamento de voluntariado para a sostenibilidade, nas instalacións da Asociación Raiña Paraiso en Vilasantar (A Coruña) durante os días 6 ao 9 de agosto.
PROGRAMA
Xoves 12 de Agosto
10:45 Recepción das persoas participantes.
11:00 Presentación do programa e introdución
14:00 Comida
16:00 Introdución ao Voluntariado
18:00 A participación social, clave para a consecución da axenda 2030
20:00 A Axenda 2030 e os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS)
22:30 Obradoiro sobre o ODS 1. Loita contra a pobreza
Venres 13 de Agosto
10:00 Obradoiro de agroecoloxía.
16:00 ODS 2. Fame Cero: Desmontando os mitos dá fame I
18:00 ODS 2. Fame Cero: Desmontando os mitos dá fame II
20:00 Obradoiro: Que podemos facer para acabar coa fame?
22:30 Videoforum
Sábado 14 de Agosto
10:00 Ruta de sendeirismo
16:00 ODS 13 Acción polo Clima
18:00 ODS 12 Produción e Consumo responsable
20:00 Obradoiro
22:30 Festa de conclusión.
Domingo 15 de Agosto
10:00 Obradoiro de agroecoloxía
12:00 O papel da sociedade civil nas Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Videoconferencia co
Responsable de CIDSE (Rede europea de ONGD’s)
16:00 Avaliación e despedida.
O campamento ten un prezo de 40,00 euros, que inclúe o aloxamento, pensión completa desde a comida do día 12 á comida do día 15, a contratación do seguro e a posibilidade de transporte desde Santiago de Compostela a Vilasantar, para aqueles que o necesiten.
As persoas participantes terán que levar unha saba baixeira, funda de almofada, saco de durmir, roupa e calzado cómodo e apropiado para actividades de tempo libre.
As actividades realizaranse nas instalacións da Asociación Raiña Paraiso en Vilasantar (A Coruña).
O proceso de inscrición finaliza o 25 de xullo. As prazas confirmaranse a través do enderezo electrónico, previo pago por transferencia bancaria da inscrición, e incluirase como concepto: Campamento e o teu nome completo, na seguinte conta bancaria:
Titular: Mans Unidas
ABANCA ES76 2080 0300 8930 4004 4605