Título: “55 anos da liturxia en galego (1969-2024)”. Realizada pola Editorial SEPT en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Arcebispado de Santiago de Compostela.

Permanecerá en Santiago dende o 22 de xaneiro ao 29 de febreiro de 2024.

Lugar: San Martiño Pinario, claustro pequeno.

A inauguración será o 22 de xaneiro ás 17 horas. O acto será presentado por Charo Baleirón e intervirán: Silvestre Gómez, Editorial SEPT; Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística; Víctor Freixanes, presidente da RAG e monseñor Francisco Xosé Prieto, arcebispo de Santiago de Compostela.