Irmandade Nosa Señora Virxe de Guadalupe

Charo Rial comeza un ilusionante proxecto na recén inaugurada Irmandade Nosa Señora Virxe de Guadalupe. Foille encomendado o cargo de secretaria desta nova entidade que nace neste 2025 para acompañar á “Moreniña” con todo o que rodea a súa devoción.

Comparte, por un lado, como xorde esta iniciativa esperanzadora que recolle unha fonda tradición que conmove tamén a súa propia historia persoal. Por outra parte,  lembra a chegada a Rianxo desta imaxe de fonda raigame na devoción galega e describe algúns preparativos, costumes ou tradicións que se desenvolven en torno á Virxe, indiscutible protagonista do cántico “A Rianxeira”.