Itinerario formativo voluntariado Pastoral Penitenciaria

Un dos obxectivos da Pastoral Penitenciaria  para este curso é a formación de cara a mellorar a nosa atención. Cultivar a espiritualidade do voluntariado, realizar un traballo de equipo no que se compartan carismas e habilidades, e profundizar no acompañamento de persoas moi vulnerables. Con este fin preparamos un itinerario de seis temas pensando nas persoas interesadas en comezar unha experiencia de colaboración na nosa Pastoral, pero tamén na mellor preparación dos que xa estamos servindo nela. Pero é unha convocatoria aberta ás parroquias e outras entidades que colaboran no eido do social, como Cáritas, pois desexamos dar a coñecer o cárcere, como unha realidade que involucra a toda a Diocese, e como o Sr. Arcebispo nos recorda. Así que invitamos fraternalmente á participar a todos os interesados.

Fuente: www.archicompostela.es/pastoralpenitenciaria