Edición nº 50

Tema: A NOSA HISTORIA

Slogan: PAGA A PENA SEGUIR

Días: 21, 22 e 23 de Abril de 2023

DATO CUALIFICADO: Este ano cumplimos 50 anos, e estamos vivindo unha pandemia.

… ENCONTRO de xoves cristiáns.

… CONVIVENCIA con xoves cristiáns.

… REFLEXIÓN Estudiala nosa realidade e buscar solucións.

… ORACIÓN E CELEBRACIÓN DA NOSA FE.

Dende o pasado mes de setembro cada último sábado de mes xúntase o SECRETARIADO nos locais parroquiais da Xunqueira.

Está formado polos representantes de cada grupo de orixe que queren participar na debandita PASCUA. Os grupos veñen dende A Coruña, Santiago, Ourense, Noia, Pontevedra, O Morrazo, O Barbanza e a nosa Arousa.

O longo do tempo, nesas reunións escóllese o tema, diséñase o cartel anunciador e prepárase o material de traballo previo á gran convivencia festiva.

Ata xaneiro os grupos teñen prazo para inscribirse e estudar e reflexionar sobre a Fase-Documento de traballo desta edición no que o mozo coñecerá de primeira man como naceu e os orixes nos anos 70 desta nosa Pascua Xoven.

A partir de febrero os mozos disfrutarán das dinámicas e textos bíblicos que na Fase axudan a entender a Pascua Xoven como una canle de crecemento e vitalidade para todos nós nestes 50 anos. A Pascua Xoven axudou a moz@s a comprenderse e a ter un proxecto de vida comprometido e servicial e a cultivar o sentido social e comunitario das nosas vidas.

 

VENRES: Acollida dos grupos e instalación no Colexio Filipense de tendas a partires da 7 h do serán. Actividades varias e dinámicas para favorecer o encontró entre os distintos grupos.

Merenda-cea (hai un servicio de bar, levado por mulleres da parroquia).

Pregon PascuaL que expón a síntese de traballo de este ano. E introdúcenos na gran festa de estos tres días.

Remátase de madrugada cunha oración de BOAS NOITES.

 

SÁBADO: Tras o aseo persoal e desaiuno, cantos, oración dos BOS DÍAS e traballo por GRUPOS. De xeito dinámico favorécese intercambio de ideas e opinións con mozos e mozas dos outros grupos profundizando na devandita fase Pascua-K-Fe” que con xogos cooperativos, Yinkanas e retos farán as delicias de todos os mozos culminando coa Testimuña que será moi especial:

Un dos mellores artistas musicais de España, Migueli e tamén este ano a cargo do único pascueiro que estivo nas 50 edicións don José Aldao, o cura de Cambados.

Despois teremos a merenda-cea e a continuación a Celebración penitencial do Perdón (estarán os curas da bisbarra) o Camiño de Emaús (usando o relato bíblico dos discípulos de Emaús, cada mozo elixe un compañeiro/a para ir xuntos falando ata a Xunqueira.

Preténdese un diálogo profundo e íntimo cunha persoa que non coñezas moito para comunicarse experiencias vividas na Pascua e platexamentos persoais a favor de todo o vivido na Pascua e plantexamentos persoais a favor de todo o vivido nas poucas ou moitas edicións vividas por cada quén.

Celebración da Eucaristía ás 23h, nun ambiente festivo e xuvenil na Igrexa da Nosa Sra. Da Xunqueira, moi participativa e musical, onde a batería e as guitarras eléctricas e acústicas xunto coas letras de hoxe, fan sentirnos que nós tamén somos igresa. Volta festiva ao recinto Filipense.

DOMINGO: Tralo habitual do día anterior, cada persoa volve o seu grupo de orixe para revisa-la Pascua e adquirir compromisos concretos durante todo o tempo que queda ata a vindeira Pascua do 2024.

Facemos un MANIFIESTO PÚBLICO, que a Asamblea aproba. Este ano, que menos, o publicaremos na sedes sociais, tamén, 50 anos non se cumplen todo os días

NÚMERO DE ASISTENTES E PARTICIPANTES: ao redor de 300 mozos e mozas.

OUTROS: Cada participante está identificado cunha pegata, recibe unha carpeta e un cancioneiro. Nisto emprégase a cuota da inscripción (20€ a pagar en dúas veces) ademáis dos gastos de imprenta, fotocopias, infraestructura necesaria e equipos de megafonía.