La devoción a Santa Rita en Campo Lameiro

  • O cura Fermín Santiago Iglesias recupera en colaboración coa parroquia a
    festa na honra da santa que había 60 anos que non se celebraba

A devoción por Santa Rita en Campo Lameiro está desbordando por completo este ano calquera das previsións máis optimistas segundo se desprende do número de asistentes ás novenas, que comezaron o día 13, e que están concentrando persoas que veñen ata a igrexa de San Miguel do Campo de lugares tan dispares e distantes como Santiago, Boiro, Rianxo, A Coruña, Redondela, Tomiño ou Cangas.

Por outra banda, este ano recuperarase a celebración da festa na honra de Santa Rita, feito que non se producía desde hai uns 60 anos, xa que grazas ao impulso do cura Fermín Santiago e ao apoio da parroquia volverase honrar á Santa con celebracións de carácter lúdicofestivo.

O propio párroco, Fermín Santiago, se amosou sorprendido pola afluencia de devotos de Santa Rita ás misas da novena despois de recuperar a normalidade tras a pandemia da Covid19. “O certo é que está asistindo moita xente de fóra ás novenas chegando a estar a igrexa completamente chea o que dá boa idea en primeiro lugar da necesidade da intercesión da Santa e tamén do rexurdir da fe entre a cidadanía, como un camiño de esperanza ante as incertidumes e os problemas que nos toca padecer”.

Segundo manifestou Fermín Santiago, “desde que levo eu aquí de cura párroco son moitos os fieis devotos de Santa Rita que se teñen achegado para ofrecerse, incluso de Madrid, para atopar a intercesión necesaria para solucionar un problema. Como sabemos Santa Rita é a patroa das enfermidades, feridas, problemas maritais, causas imposibles, perdas, abuso, nais, matrimonios, familia, a paz, os casos difíciles e desesperados e as causas perdidas.

Fermín Santiago lembrou tamén que en Campo Lameiro hai moita devoción a Santa Rita desde moito tempo atrás e conta que “segundo me dixeron, no ano 1944 unha familia devota de Santa Rita doou a imaxe que hoxe temos aquí na igrexa como ofrenda despois de que a Santa intercedera por unha muller que tiña graves problemas de saúde con prognóstico fatídico por parte dos médicos e que, tras solicitar con devoción e humildade a
intercesión da Santa, esta muller recuperouse”, indicou o cura.

“Tamén é certo que recentemente ofrecín a un neno a Santa Rita que tivera
moitos problemas ao nacer nun parto moi complicado e teño que dicir que
despois de solicitar a intercesión da Santa o cativo medra con total
normalidade e sin ningunha secuela. Son cousas da fe que está moi por
enriba de todos nós, pero que están aí”, sinalou Fermín Santiago.

Todos estes días, Fermín Santiago procede a impartir a bendizón das rosas
e das medallas de Santa Rita que logo son adquiridas polos devotos para
levar para as súas casas como referencia para poder rezar as súas oracións
e facer as súas plegarias e peticións