O mercado artesanal de San Martiño de Penalba, organizado polo cura párroco Fermín Santiago Iglesias e a Unidad Pastoral de Campo Lameiro repetirá na súa IV edición cun total de 50 postos de exposición.
A celebración desta festa marcada no calendario do vecindario da vila, terá lugar este domingo 12 de novembro a partir das 10:00 horas coa apertura do mercado artesanal e a primeira das misas rezadas. A segunda será ás 11:00, mentres que a misa cantada será ás 12:30 horas na capela de San Antonio de Penalba, lugar que concentrará toda a actividade festiva e relixiosa do día.
A organización do evento está preparada para calquer imprevisto metereolóxico, e instalará unha carpa xigante que dea acubillo tanto ao público como aos expositores neste encontro coa artesanía, a música, o polbo á feira e o churrasco para festexar a San Martiño e para reactivar e dinamizar a actividade social do municipio e arredores.
Durante a celebración teñen previsto poñer á venda rifas para axudar nos gastos da celebración do evento, sortearán 5 premios que van desde accesos ó balneario de Cuntis ata décimos da Lotaría de Nadal e produtos galegos pasando por combustible e unha cea para dúas persoas.
Fuente: pontevedraviva.com