La Asociación Centinelas organiza para el próximo sábado día 27 de mayo un Mercadillo Solidario, que tendrá como marco el claustro del convento de San Francisco, en Santiago. Habrá complementos, ropa, juguetes, bisutería, artesanía, libros y muchas sorpresas y regalos. En la página web de la Asociación Centinelas, se indica que se trata de “unha entidade apolítica, aconfesional e sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos sociais da Xunta de Galicia. A súa constitución ten lugar no ano 2013 na cidade de Santiago de Compostela como resposta a unha demanda social crecente: a de prestar un apoio integral a mulleres e familias que por diversas razóns se atopan en situación de vulnerabilidade social e en grave risco de exclusión. Na actualidade presta atención a máis dun centenar de familias residentes en Santiago e concellos limítrofes, e conta cun equipo humano cualificado para ofrecer unha atención integral que inclúe apoio psicolóxico, mediación familiar e intercultural, espazos para a conciliación familiar, formación, atención socioeducativa a menores, entre outros. Ademais, Centinelas xestiona un banco de recursos e axudas de atención básica á infancia, no que participa persoal voluntario e que á posible grazas á implicación de persoas e entidades colaboradoras. Todas as actividades que se desenvolven na asociación fan que Centinelas constitúa un centro de referencia para estas familias. A proximidade no trato, a resolución dos seus problemas e a sensibilidade ás dificultades específicas das mulleres son as que fan posible esta confianza”.