O alumnado de 6º de E.I. do Ceip Emilia Pardo Bazán de A Coruña, despois dun curso (2022-2023) percorrendo as diferentes etapas do Camiño de Santiago, por fin chegou á meta, á tumba do Apóstolo na cidade a el adicada, o 18 de Outubro de 2023.
Así, púxose punto final ao proxecto de centro do curso anterior. As circunstancias, e algunhas das normas anti-Covid todavía vixentes daquela, non fixeran posible chegar a Santiago no remate do curso pasado.
Choiva e sol acompañaron a xornada pero, sobre todo, a ilusión dos pequenos peregrinos e do seu profesorado que vía cumprido un bonito proxecto.
Só queda agradecer, AGRADECER MOITO pola atención, as facilidades, a tenra acollida, o agarimo e os presentes recibidos por parte do Sr. Arcebispo, don Francisco José Prieto.
Tamén agradecer aos membros da curia diocesana que en primeira líña acompañaron e axudaron a que todo saíra ben; a don Carlos Álvarez, rector do Seminario Maior, e a Eva, secretaria do mesmo; a Noelia, responsable da Oficina do Peregrino, e a Ricardo, director de Seguridade polos seus desvelos (ata nos alfombraron de cartón as escaleiras na catedral para que non se mollasen ao sentar).
¡De cantos ánimos se enche o corazón cando o traballo de mestres, alumnado e familias é recoñecido e se lle da visibilidade máis alá do ámbito académico!
A todos, GRAZAS.
Susana Doval Rodríguez
Mestre de Relixión Católica