Este domingo celebrouse na Igrexa Parroquial de San Vicente de Noal, a eucaristía de acción de grazas ás Servas de San Xosé que levaban dende o ano 1971 en Porto do Son, unha agarimosa e sentida homenaxe para agradecer estes 52 anos ao servizo da parroquia na que estiveron presentes a tenente de alcalde, María Maneiro, e os concelleiros, Juan Pouso e Joaquín García.
A eucaristia foi celebrada polo bispo auxiliar mons. Francisco José Prieto Fernández e concelabrada polos párrocos Don Ramón Jorge Mosquera, Don Antonio Vila Brión e Don José Ortoño Fuentes -párroco de San Martín de Noia e Arcipreste zonal-.
Ao termo da eucaristía, Maria Álvarez, provincial das Servas de San José, pronunciou unhas palabras de agradecemento á parroquia e parroquias veciñas, aos párrocos, ao municipio e a todas as persoas que colaboraron coas servas e estiveron sempre próximas a elas.