O Belén será retirado da Praza do Obradoiro

O vindeiro 7 de Xaneiro, coincidindo co remate do Nadal, o Movemento Cultural Cristián retirará da Praza do Obradoiro o Belén que foi instalado o día 22 de decembro.

Queremos agradecer a todos os cidadáns que colaboraron para que esta iniciativa fose adiante e puidesemos ter presente nas nosas rúas o símbolo de humildade, amor e solidariedade que representa o Belén.

En especial ás parroquias de Santiago e Teo, ás persoas que axudaron na elaboración do Belén con material de refugallo e aos cidadáns que asistiron ao acto público do día 22.
Agradecer tamén a toda a cidadanía de Santiago o respecto e civismo co que trataron o Belén, especialmente a todas esas persoas anónimas que estes días estiveron adornando á familia de Nazaret con flores, candeas, mensaxes e mesmo coas tradicionais doce uvas.

Queremos poñer en valor que a colocación do Belén tense realizado por iniciativa cidadá demostrando que unha sociedade forte é quen de ser protagonista da vida cultural, política e social da súa cidade, tamén en aspectos básicos como o de que símbolos poñer na súa praza máis emblemática na festividade do Nadal e queremos animar á cidadanía a seguir a traballar nesta liña para facer medrar a democracia entre todos nós.