O Carme en Pontemaceira

O pasado sábado 20 de xullo, tiña lugar a tradicional celebración de A Virxe do Carme na Capela de Pontemaceira. Nunha paraxe natural única, os veciños das dúas beiras do Tambre dispoñen cada ano todo o necesario para a entrañable festa estival. A parroquia de Portor garda a memoria desta devoción á Nosa Señora, coma se fose un cariño de fillos a unha Nai mariñeira, anque sexa en terras de auga doce.