Hoxe o Capelán de Teixeiro, xunto cos voluntarios de Pastoral Penitenciaria e aquelas persoas ás que chega a súa pastoral, únense cos diocesáns, para rezar por eles. A súa comunión é vida para a Igrexa.
“Queridos amigos e amigas, irmáns todos na fe: acollemos con gusto esta iniciativa de orar os uns polos otros e abrirvos as portas da nosa Igrexa, este mércores santo. Igrexa virtual, ou mellor dito, na comuñón do Espírito e dos espíritos, que nunca pode estar pechada. É a comunidade da Pastoral Penitenciaria. Estes días, a pesares de non poder acudir a Teixeiro, sen embargo permanecemos unidos a través dos medios, en oración, sabendo os uns dos otros. Acordámonos dos presos precisamente neste tempo en que dalgún xeito nós tamén estamos presos (Hb 13, 3). Estamos enviando cartas ós internos, fixemos unha aportación para que reclusos sen ingresos puideran chamar á casa, as Carmelitas de A Coruña enviaron 200 mascarillas para funcionarios. Consólanos saber que non hai infectados dentro dos muros de Teixeiro.
Por outra parte, está colaborando connosco a parroquia de San Cristovo das Viñas de A Coruña, en concreto a súa Cáritas parroquial. Os voluntarios da casa forman parte do grupo da HOAC diocesano que ten como proxecto de compromiso comunitario “Un paso adiante”. Consiste nunha casa de acollida para a reinserción de persoas que recobran a liberdade despois de moitos anos de condea, para o que se rehabilitou a reitoral. Este pasado xoves recibimos un segundo usuario. Por outra parte o piso de permisos de Cáritas está acollendo a penados de terceiro grado, que han de voltar ás súas casas pois o CIS de A Coruña está pechado. Como vedes, este pequeño recuncho de Igrexa non para…. Unidos a toda a comunidade diocesana en oración e na misión!!!!”
Juan G-R. N.