Xa temos cartel da Pascua Xoven 2025 na súa xa 52 edición. Este ano dende o Secretariado quixemos reflexionar sobre o tema da Oración sintonizando cos previos ao vindeiro Ano Xubilar en Roma.

Sabemos que a rapazada debe ser acompañada e motivada para descubrir o bonito mundo da interioridade e sintonizar dende dentro coas claves da Oración como unha experiencia de amizade e intensidade con Aquel que nos ama dende sempre.

Os mozos tamén queren e necesitan rezar, orar, falar, escoitar e agradecer a ese Deus que é noso Amigo para sempre. Na Pascua Xoven coidamos, dende sempre, os momentos de Oración tanto nas reunións do Secretariado como na propia Convivencia de Abril. Así que a rezar e a tratar de amizade, estando moitas veces a soas con quen sabemos que nos ama, parafraseando á gran mestra e santa Teresa de Ávila.