«Porque onde dous ou tres están reunidos no meu nome, alí estou eu no medio deles»

O sábado 22 de agosto, día da Benaventurada Virxe María, Raíña do CEO, tiven a oportunidade de vivir a Romería da Raíña coa miña familia e cun grupo de amigos, e foi un deses días que quedan no corazón.

Comezamos cunha Eucaristía preciosa e moi emocionante e, despois, vivimos unha xornada de convivencia na carballeira: compartimos o xantar, cancións, baile, foliada, risas e, sobre todo, momentos de fraternidade. Foi moi bonito sentir como, estando xuntos, compartindo a fe e a vida, se crea unha verdadeira familia. Un día sinxelo, alegre e cheo de Deus.

Martín Couceiro

https://www.instagram.com/reels/DcYPkSuooNK/