“En nome propio, e do Consello Pastoral Parroquial, quero agradecer a D. Xosé Pumar a doazón da súa Biblioteca á nosa Parroquia de Carballo”. Con estas palabras iniciaba o párroco José García Gondar as súa intervención na mesa redonda, que baixo o título “Xosé Pumar e as Letras Galegas”, tivo lugar este luns 16 de maio no Salón de Actos parroquial .
Tamén participaron Pepe Ameixeiras, periodista e delegado de La Voz en Carballo; Xosé Manuel Varela, filólogo, comprometido na difusión da cultura galega e gran admirador de Xosé Pumar; e Xosé A. Andrade., avogado, autor literario e concelleiro en Coristanco.
Seguidamente tivo lugar a bendición da biblioteca instalada nos locais do Despacho Parroquial. Neste espazo pódense atopar libros de temática variada. E tamén os seus libros “Pensamento teolóxico de Pumar Cornes”, ”Viaxe polo corazón de Bergantiños”, ”Historia manuscrita de Seavia”…
Pumar Gándara, sacerdote, escritor, crítico literario, gran pensador… chegou a Bergantiños, como párroco de Seavia-Erbecedo en xaneiro do 1975. Dinamizou a fe, a vida social e a cultura da comarca de Bergantiños, e na Parroquia de Carballo: nas páxinas de Mensaje de Bergantiños, o 1º pregón das Festas de San Xoán, Pregón da Festa da Pataca e pregón das Letras Galegas no Colexio de Coristanco. Tamén o 1º pregón de Semana Santa, e pregón do Nadal en Carballo. Está de cura de Padrón de 1987 a 1997. Despois de xubilarse, leva 25 anos incorporado ao equipo sacerdotal de Carballo.